Wednesday 01 de May de 2024

Cambio de imaxe para as árbores da Alameda


O Concello de Ordes está a proceder cos labores de poda dos plataneiros da súa Alameda. En total son preto de 20 exemplares que ao longo dos vindeiros días quedarán libres das pólas sobrantes. Non serán os únicos, xa que tamén se podarán outros exemplares situados no casco urbano, tanto nas rúas como nos parques e espazos públicos. Os encargados de levar a cabo estas tarefas aproveitaron a ocasión para volver analizar pormenorizadamente os exemplares afectados por un fungo do que están a ser tratados, asegurando que “evolucionan correctamente, tal e como se tiña previsto”.